info@decormiguens.es

Esp - Gal

Fotografía de DecorMiguéns

Servizos de pintura e decoración

En DecorMiguéns levamos a cabo os nosos traballos en campos como:

Alta decoración

En DecorMiguéns sabemos que a calidez dun fogar está, ademais de nos seus habitantes, na súa decoración. Por iso, poñemos ao servizo dos clientes os nosos coñecementos en alta decoración como:

  • Estuco
  • Veladuras
  • Patinas
  • Acabados rústicos
  • Colocación de papel pintado
  • Colocación de vinilos decorativos, stickers, fotomurais...

Ver traballos de alta decoración

Pintura

Traballamos coas mellores marcas do mercado e a última maquinaria, para que o resultado do noso traballo de pintura sexa satisfactorio.

Realizamos traballos de pintura interior e exterior de todo tipo en vivendas, locais comerciais, garaxes, naves, edificios…

Ver traballos de pintura

Pladur

DecorMiguéns encargámonos de todo tipo de traballos en pladur, como a colocación de falsos teitos, tabiques, trasdosados, andeis, mobles...

Ver traballos de pladur

Escaiolas

Hoxe en día a escaiola permítenos moitos usos en vivendas e locais comerciais. Ademais do seu uso para a instalación de falsos teitos, tanto fixos como desmontables, tamén nos permite a colocación de molduras, arcos, baquetóns, cornixas…

Ver traballos de escaiolas

Revestimentos

Para unha boa conservación dunha fachada é imprescindible a utilización de revestimentos de boa calidade e profesionais e dos coñecementos adecuados para a súa aplicación.

En DecorMiguéns somos especialistas en revestimentos proxectados (morteiro, perliescaiola) e utilizamos materiais de primeira calidade, o que é unha garantía dun traballo ben realizado.

Restauración

DecorMiguéns levamos a cabo traballos de limpeza de tellados, limpeza de canlóns, limpeza de fachadas, aplicación de hidrofugados, decoración rústica... e todos aqueles traballos necesarios para unha boa conservación da súa vivenda ou comunidade.

Impermeabilizacións

Unha boa impermeabilización dos chans de garaxes, terrazas... é necesaria para a súa conservación. A utilización dos produtos adecuados e a aplicación da forma correcta é fundamental para que a súa vida útil sexa duradeira.

En DecorMiguéns somos especialistas e dispoñemos da maquinaria e os coñecementos necesarios para a aplicación dos impermeabilizantes.

Ver traballos de impermeabilizacións

Tarimas

DecorMiguéns realizamos a instalación de tarima flotante, cortiza, chans plásticos… en vivendas, locais comerciais...

Pulidos e vernizados

Para que os acabados de madeira recuperen a súa imaxe orixinal é necesario sometelos a traballos de pulido e vernizado. DecorMiguéns levamos a cabo estes traballos en portas, xanelas, chans...

Ver traballos de pulidos e vernizados

Reformas integrais

En Decormiguéns encargámonos da reforma integral de vivendas, oficinas, locais comerciais... Pídanos presuposto sen compromiso de todos os traballos a realizar.

Poñemos máximo empeño e predisposición en todos e cada un dos traballos que desempeñamos, levándoos a cabo con total limpeza, coidado e consentindo cada detalle. Contacte connosco e realizarémoslle presuposto do traballo de pintura ou decoración a levar a cabo.