Pintores en Santiago de Compostela

Traballos de pintura en Santiago, interiores e exteriores

Infórmese agora! 630 283 975

3 motivos para contratar aos nosos pintores en Santiago

Grandes acabados

Coidamos cada detalle para que paredes, teitos e fachadas luzan uniformes e limpos.

Puntualidade asegurada

Como expertos en pinturas en Santiago, rematamos cada traballo no prazo que acordamos.

Materiais de calidade

Escollemos pinturas de primeira calidade segundo a superficie e o uso de cada espazo.

A empresa de pintores cun servizo integral

En DecorMiguéns atendemos toda clase de traballos de pintura en Santiago cun obxectivo claro: conseguir o acabado que cada cliente ten en mente da forma máis eficiente.

Para logralo, valoramos primeiro cada superficie e planificamos o traballo para reducir as molestias na súa casa ou negocio. A partir de aí, preparamos, protexemos e pintamos con orde e limpeza. Ademais, desprazámonos desde a nosa sede en Valga para atender a particulares e empresas.

Ofrecémoslle múltiples opcións

O noso servizo de pinturas en Santiago de Compostela abarca desde unha soa estancia ata un edificio completo:

  • Pintado de interiores
  • Pintado de fachadas
  • Pintura decorativa
  • Tratamentos antihumidade
  • Aplicación de revestimentos
Pintor en Santiago de Compostela Pinturas en Santiago de Compostela
Pintores de casas en Santiago de Compostela

Como contratar a un pintor en Santiago?

Queremos que encargar un traballo de pintura lle resulte sinxelo, por iso resolvémolo en tres pasos claros e sen compromiso.

1. Chame ao 630 283 975

Unha soa chamada abonda para plantexarnos o traballo e resolver as súas primeiras dúbidas.

2. Cóntenos que necesita

Explíquenos que espazos quere renovar e o acabado que busca. Así, valoraremos as superficies e materiais.

3. Daráselle prezo personalizado

Recibirá un orzamento adaptado ao seu proxecto por parte dos nosos pintores en Santiago para que decida con toda a información.

Aspectos clave a ter en conta para pintar as súas paredes

Antes de pintar as súas paredes en Santiago, convén aclarar cuestións prácticas que inflúen tanto no resultado como na organización do seu día a día.

Necesito permiso do concello para pintar a fachada?

Depende do concello e do edificio. O habitual é presentar unha comunicación previa ou solicitar licenza de obra menor, e en zonas protexidas, a cor e os materiais están regulados. Se ten dúbidas, o noso pintor en Santiago de Compostela poderá asesoralo.

Pódense pintar paredes con gotelé ou con fendas?

Si, sempre que se preparen antes. O gotelé pode alisarse ou pintarse enriba segundo o acabado desexado, e as fendas ábrense, énchense e lixanse para que non volvan marcarse. Os nosos pintores de casas en Santiago de Compostela valorarán o seu proxecto e explicaranllo con detalle.

Podo durmir nunha habitación recén pintada?

En función da pintura empregada. Con pinturas á auga e boa ventilación adoita bastar con esperar unhas horas, mentres que os esmaltes ao disolvente necesitan máis tempo ata que desaparece o cheiro.

Pintar paredes en Santiago de Compostela

Humidade na súa vivenda? Temos a pintura ideal

Cun clima tan chuvioso como o de Santiago, a humidade nas paredes é un dos problemas máis frecuentes nas vivendas e que solucionamos cos nosos traballos de pintura.

Cada orixe necesita unha solución distinta, por iso, os nosos pintores de casas en Santiago de Compostela identifican a causa antes de aplicar ningún produto.

En interiores, as pinturas antimofo e anticondensación frean as manchas negras en baños, cociñas e dormitorios. Pola contra, cando a auga entra desde fóra, protéxese o muro con hidrofugados e revestimentos que impermeabilizan sen impedir que a parede respire. Así, o acabado mantense durante máis tempo e a vivenda gaña en salubridade.

Se a humidade xa danou a pintura, saneamos a superficie antes de pintar para que o problema non reapareza.

Os nosos pintores en Santiago esperan a súa chamada!

Confíe en nós se busca un pintor en Santiago de Compostela serio e profesional. Informámoslle do prezo, os prazos e a forma de traballar sen ningún compromiso: só ten que plantexarnos que quere pintar.

Falemos do seu proxecto 630 283 975

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Non obstante, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou da Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables delas.